Secretaría Uvigo - Atenuación da luz na Ría de Vigo

Atenuación da luz na Ría de Vigo

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Ciencias do Mar
CentroFacultade de Ciencias do Mar
Dirección Titoría: Ramiro Alberto Varela Benvenuto
Tribunal Secretaría: Inmaculada Prieto Jiménez
Vogalía: María Elsa Vázquez Otero
Presidencia: José María Sánchez Fernández
ResumoA luz é a principal fonte de enerxía para o planeta Terra e xoga un papel importante no medio mariño. Sen embargo, un estudo específico da variación, tanto temporal coma espacial, da atenuación da luz neste medio non se realizou con anterioridade na Ría de Vigo. Por iso, o obxectivo principal deste traballo é comprobar se existen diferenzas na atenuación da luz na Ría de Vigo. Para iso, realizáronse un total de 14 saídas en sete puntos de muestreo entre febrero e maio cunha frecuencia o máis semanal posible. Neles, realizábase a medición da intensidade da luz (PAR) utilizando un CTD, tamén aproveitando para obtener datos de temperatura e salinidade. Realizouse un análise estadístico para comprobar as diferenzas significativas, encontrando a existencia de diferenzas tanto espacialmente como temporalmente. Como conclusión, este traballo aporta un primeiro estudo sobre a variación do coeficiente de atenuación na Ría de Vigo, así como posibles causas, que se tiveron en conta, para ditas diferenzas encontradas.
Volver