Secretaría Uvigo - Deseño, montaxe e programación de impresora 3D térmica.

Deseño, montaxe e programación de impresora 3D térmica.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Julio Garrido Campos
Cotitoría: Diego Silva Muñiz
Tribunal Secretaría: José Luís Diéguez Quintas
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Manuel Casal Guisande
ResumoO Traballo de Fin de Grao consiste no deseño, montaxe e automatización dunha impresora 3D térmica con eixos lineais e servomotores industriais. Esta impresora 3D está ideada para ser usada con plásticos recollidos no océano, polímeros biodegradables e renovables. Este tipo de materiais teñen unhas características térmicas distintas aos convencionais, xa que requiren que o interior do habitáculo (cámara) de impresión se atope a unha temperatura máis elevada para que as pezas impresas sexan correctas, e non é suficiente só con que a cama da impresora 3D se atope a maior temperatura. Os eixos lineais se suxeitan sobre un esqueleto feito con perfiles de aluminio cortados a medida. A automatización da impresora 3D farase no programa TwinCat 3 de Beckhoff, a través do cal se controlarán os eixos lineais. Este Traballo de Fin de Grao forma parte dun proxecto de iniciativa europea, chamada CircularSeas, que ten a motivación de promover a economía circular e verde na área atlántica por parte das industrias marítimas.
Volver