Secretaría Uvigo - Desenvolvemento dun eixe fixo de rodadura desplazable con cambio automático de ancho para bogies autopropulsados

Desenvolvemento dun eixe fixo de rodadura desplazable con cambio automático de ancho para bogies autopropulsados

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: José Ángel López Campos
Tribunal Secretaría: José Luís Diéguez Quintas
Presidencia: Enrique Casarejos Ruiz
Vogalía: Manuel Casal Guisande
ResumoO obxetivo deste traballo consiste no desenvolvemento dun eixe, xunto cós demáis elementos de rodadura, válido para circular tanto por vías de ancho ibérico como por vías de ancho UIC. A aplicación na que se centra o diseño é a de ser montado como eixe tractor en bogies motrices para locomotoras de mercadorías, aínda que podría ser perferctamente empregado noutro tipo de vehículos ferroviarios.
Dentro do alcance deste traballo está o desenvolvemento dós mecanismos que permitan o encravamento do material rodante nás posicións adecuadas para os dous tipos de vía. Esto implica o estudo do proceso de cambio de ancho, xunto co deseño dos elementos que será preciso colocar na estación de cambio de ancho que permitan realizar exitosamente a operación, especialmente o deseño das guías encargadas de liberar os distintos sistemas que bloquean a posición axial, os railes e demáis sistemas auxiliares. Outros temas de estudo para garantizar a viavilidade do sistema, son a creación dún bastidor que permita montar todos os sistemas no bogie, xunto cos elementos que vinculan o bogie ó material rodante. O deseño dós mecanismos precisos para transmitir a potencia ata as rodas en todo momento. Esto é especialmente crítico durante a operción de cambio de ancho, na etapa na que as rodas non se atopan enclavadas. Polo que se analizarán os sistemas que permitan, sen necesidade dunha complexidade excesiva,manter o esforzo tractor a vía durante o cambio de ancho e sobretodo garantizar un contacto roda carril adecuado, tanto no cambio de vía ancha a estreita e viceversa.
Volver