Secretaría Uvigo - Deseño de extrusora de manteiga de doble parafuso sin fin para baixos volumes de producción

Deseño de extrusora de manteiga de doble parafuso sin fin para baixos volumes de producción

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Abraham Segade Robleda
Cotitoría: David Suárez Eiroa
Tribunal Presidencia: Pablo Izquierdo Belmonte
Vogalía: José Manuel Fernández Álvarez
Secretaría: Jacobo González Baldonedo
ResumoEste proxecto nace como resposta ás necesidades de aumento de produción e rendementos requiridos pola empresa Casa Grande de Xanceda, con perspectivas de incrementar a súa produción de manteiga ecolóxica. Actualmente emprégase unha extrusora de pistón cunha capacidade de produción moi limitada e elevada man de obra auxiliar ao proceso. Na conxuntura actual e futura de aumento da demanda deste produto, a empresa busca incrementar notablemente a produción, reducir os tempos mortos do proceso e automatizar o proceso.

Por tanto, este proxecto consiste en estudar a estado da arte das extrusoras no sector alimentario, e tamén en sectores que utilicen tecnoloxías similares ( polímeros, cerámica...). Posteriormente definir o comportamento do fluído a extruir (a manteiga). En base a isto e aos requirimentos de produción (caudal, dimensións da matriz extrusora...) calcular e deseñar mecanicamente os elementos móbiles da extrusora (sen fins, eixos, transmisión, motor...). Finalmente dimensionar os elementos estruturais (cámara extrusora, bastidor...). Unha vez finalizado o deseño, e debido ao carácter práctico do proxecto, procederase a realizar o orzamento da máquina.

Os obxectivos deste TFG son; deseñar unha extrusora de fluxo continuo que cumpra cos requirimentos de produción, reducindo ao máximo a necesidade de man de obra, tanto durante o ciclo de funcionamento como para a posterior limpeza, desinfección e mantemento. Ademais, búscase un deseño óptimo e económico, que resulte nunha máquina competitiva no mercado.

Volver