Secretaría Uvigo - Enxeñería básica e mellora dunha planta de produción de acetona a partir de isopropanol (IPA) por deshidroxenación.

Enxeñería básica e mellora dunha planta de produción de acetona a partir de isopropanol (IPA) por deshidroxenación.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: María Ángeles Sanroman Braga
Cotitoría: Emilio Rosales Villanueva
Tribunal Presidencia: Estrella Álvarez da Costa
Vogalía: Begoña González de Prado
Secretaría: Gloria María Pena Uris
ResumoNo presente Traballo de Fin de Grao, realizouse un estudo de enxeñería básica, así coma a mellora do deseño dunha planta de produción de acetona a partir da deshidroxenación catalítica de isopropanol (IPA). Para isto, fíxose uso do software informático de simulación de procesos químicos DWSIM v.7.3.1, no que se simulou a planta, etapa por etapa. O proceso consta dunha etapa de acondicionamento das materias primas, seguida dunha etapa de reacción catalítica, e o produto é finalmente obtido tras unha etapa de separación por destilación. Co fin de mellorar o deseño do proceso é fundamental traballar na optimización das distintas etapas deste. Por elo, inicialmente, analizarase como inflúen as distintas variables do proceso e seleccionaranse aquelas más importantes, así como o rango posible de operación. De seguido, realizarase a optimización do proceso de síntese para o que se empregará un software especializado de deseño de experimentos, Design Expert, que axude a avaliar o efecto de combinar simultaneamente as variables, antes seleccionadas, determinando as máis significativas, permitindo a optimización co fin de acadar unha maior cantidade de acetona con alta pureza, minimizando diversos aspectos como o tempo e consumos. En base ás condicións establecidas realizarase o deseño do proceso global, e paralelo a isto, realízase tamén un breve estudo económico, para poder contrastar a viabilidade económica do proxecto, demostrando que posúe carácter realista, con capacidades de ser levado á práctica.
Volver