Secretaría Uvigo - Avaliación e optimización de procesos de oxidación avanzada para a redución do impacto medioambiental de tinguiduras

Avaliación e optimización de procesos de oxidación avanzada para a redución do impacto medioambiental de tinguiduras

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: María Ángeles Sanroman Braga
Titoría: Marta María Pazos Currás
Tribunal Presidencia: Estrella Álvarez da Costa
Vogalía: Begoña González de Prado
Secretaría: Gloria María Pena Uris
ResumoO amplo abanico de produtos proporcionados ao consumidor pola industria téxtil ten un gran custo ambiental debido á cantidade de produtos químicos, enerxía e auga necesarios. Un dos problemas máis sinalados reside nas tinguiduras contidas nas súas augas residuais debido á vertedura á rede de sumidoiros pola maioría de empresas.
Investigarase no presente traballo fin de grao (TFG) a redución da carga orgánica presente nestas tinguiduras por medio da oxidación avanzada. Dita investigación inclúe a avaliación de distintos procesos co persulfato como medio oxidante e a necesidade do ferro como catalizador. Así mesmo avaliarase a sinerxia con outros procesos de oxidación avanzada como é o tratamento electroquímico. Optimizarase o proceso mediante o uso dun catalizador heteroxéneo como é a magnetita, proporcionando o ferro necesario para a aceleración do proceso así como a súa posterior separación e reutilización.
Concluirase co deseño dun reactor que permita reproducir o proceso desenvolvido a nivel laboratorio conseguindo reter a magnetita para traballar en réxime continuo, axustando a alimentación eléctrica necesaria e eliminando tanto a cor como a carga orgánica presente nos efluentes da industria téxtil.
Volver