Secretaría Uvigo - Proxecto dunha nave industrial metálica destinada ao almacén de componentes metálicos para o sector da automoción.

Proxecto dunha nave industrial metálica destinada ao almacén de componentes metálicos para o sector da automoción.

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Mecánica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Francisco Javier De la Puente Crespo
Tribunal Vogalía: Iván Iglesias Sánchez
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Secretaría: Marcos Villar García
ResumoO proxecto ten como obxectivo principal demostrar as competencias adquiridas no ámbito da construción e estruturas. Levarase a cabo un proxecto dunha nave industrial de aceiro situada no polígono industrial de ?As Gándaras? (O Porriño) de dúas augas de 3096,90 m2 , cuxa superficie de almacén será de 2958,60 m2, ademais contará cun almacén auxiliar de 100 m2 e estará destinada ao almacén de compoñentes metálicos de automóbiles para a empresa ?Gestamp Vigo S.A.?. Para elo, utilizarase o software CYPE 3D, un programa especializado no deseño, dimensionamento e cálculo de estruturas metálicas, co cal tomaremos as decisións adecuadas en base a normativa vixente no ámbito da construción que será a Instrución EAE do ano 2011 e o CTE. Este programa tamén servirá de aproveitamento para o dimensionamento das unións entre os distintos elementos estruturais e a interación entre estrutura e a súa cimentación, ademais, serviranos tamén para a xeración dos presupostos do proxecto e dos planos da obra, e xustificaremos a solución construtiva más económica e segura de acordo ás necesidades do cliente. En definitiva, aplicaremos todas as habilidades e destrezas necesarias para o cálculo dunha nave real e entrar en contacto no ámbito profesional da construción e das estruturas.
Volver