Secretaría Uvigo - Modelos BIM para planificación de operacións de deconstrución e xestión de RCD

Modelos BIM para planificación de operacións de deconstrución e xestión de RCD

Data de defensa15/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: José Luis González Cespón
Titoría: Lucía Díaz Vilariño
Tribunal Vogalía: Iván Iglesias Sánchez
Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Secretaría: Marcos Villar García
ResumoO presente Traballo de Fin de Grao busca investigar as posibilidades que aporta a metodoloxía Building Information Modeling (BIM) á hora de xestionar e planificar os residuos materiais provenientes da deconstrución dos edificios, así como atopar as mellores técnicas para obtelos. Para isto será necesario estudar as posibilidades de reciclaxe de cada tipo de material, e reunir as mellores técnicas dispoñibles para o aproveitamento dos mesmos na deconstrución.
Á hora de realizar a planificación da deconstrución e da xestión dos residuos xerados, tense sempre en conta a lexislación vixente que aplica no proceso; tanto a nivel europeo, como estatal e autonómico. Algunhas destas leis son o Protocolo Europeo de xestión de Residuos de Construción e Demolición, o Real Decreto 105/2008 español, a Lei 7/2022 española e a Lei 10/2008 de residuos galega.
O método desenvolvido baséase en crear un fluxo de traballo para a estimación e xestión de Residuos de Construción e Demolición (RCD) a partir de modelos BIM. Para isto realizase o modelado en Revit dunha construción concreta, a cal será o caso de estudo. Neste modelo serán introducidos todos os parámetros de cada material empregado, referentes á masa de residuo xerada por metro cúbico construído, porcentaxe de aproveitamento, atributos de circularidade, custos de deconstrución etc.
Para coñecer as vantaxes que a ferramenta BIM nos pode aportar, compáranse tres métodos distintos para a deconstrución: empregando o software Revit de Autodesk, con Cype e seguindo o método tradicional de demolición empregado pola Comunidade de Madrid.
Así mesmo realizarase un inventario final de Residuos de Construción e Demolición (RCD) para cada un dos tres métodos; e destinaranse a reciclaxe, reemprego ou valorización tantos como sexa posible. Para iso será necesario facer unha correcta clasificación dos RCD seguindo a Lista Europea de Residuos procedente da Orde MAM/304/2002, e buscar os métodos de aproveitamento de RCD máis innovadores e beneficiosos para o medio ambiente.
Finalmente compararanse os resultados obtidos por cada método en materia de: tempo e man de obra empregados para a deconstrución, presuposto necesario para a mesma, cantidade de residuos xerados destinados a vertedoiros e cantidade de residuos xerados con posibilidade de ser reciclados, revalorizados ou reempregados.
Volver