Secretaría Uvigo - Dispositivo intelixente IoT e aplicación para o control das mesas na hostalería

Dispositivo intelixente IoT e aplicación para o control das mesas na hostalería

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Enrique Soto Campos
Tribunal Presidencia: Luis Eduardo Eguizábal Gándara
Secretaría: José Fariña Rodríguez
Vogalía: Francisco Poza González
ResumoO obxectivo deste traballo é deseñar un produto IoT de baixo custo e unha aplicación para mellorar a experiencia dos clientes de
establecementos hostaleiros. O dispositivo IoT permitirá aos clientes chamar ao camareiro, solicitar a conta e identificarse na
aplicación do establecemento de hostalería co seu teléfono móbil sen requirir a supervisión do persoal do establecemento e sen
utilizar datos persoais. Unha vez que o cliente estea identificado na aplicación desde ela poderá realizar os seus pedidos, pagar en
calquera momento e acceder a todos os servizos que poida ofrecer o negocio de hostalería dende a aplicación (p.e., control das
luces, control da música, xogos...).
Dentro do alcance deste traballo:
-Estudaranse as solucións similares dispoñibles no mercado.
-Deseñarase e montarase o prototipo do dispositivo IoT e programarase a aplicación asociada, tanto a parte do cliente como a do
negocio de hostalería
-Realizarase unha valoración económica do custo do prototipo e a aplicación.
-Elaborarase a documentación técnica coas especificacións máis importantes do prototipo.
Durante todo o traballo de deseño terase en conta o estado da arte das técnicas, o hardware e o software empregados para obter un
produto de calidade, que resista á obsolescencia, que permita o exercicio do dereito a reparar e que xere a menor cantidade de
residuos posible.
Volver