Secretaría Uvigo - Reducción do consumo de combustible dun camión destinado ao transporte refrixerado mediante unha instalación fotovoltaica

Reducción do consumo de combustible dun camión destinado ao transporte refrixerado mediante unha instalación fotovoltaica

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Cotitoría: Eloy Díaz Dorado
Titoría: Camilo José Carrillo González
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: Edelmiro Míguez García
Vogalía: Xosé Manuel López Fernández
ResumoA emisión de gases de efecto invernadoiro e o aumento do prezo do combustible é un problema que require unha solución coa maior brevedade posible e producir enerxía a través de fontes de enerxía renovables ten un papel clave nesta cuestión, sendo capaz de manter un futuro exento de contaminación e con enerxía verde.

Este traballo de fin de grao centrase en reducir o consumo de combustible dun camión destinado ao transporte refixerado, administrando parte da enerxía necesaria mediante o aproveitamento do recurso solar a traves de paneis fotovoltaicos instalados no trailer. A intención é reducir ao mínimo a enerxía xerada por combustión destinada a refrixerar á carga. O estudo levarase ao cabo nunha ruta diaria de Vigo a Madrid cun determinado tempo de traxecto. Terase en conta o recurso solar medio dos últimos cinco anos en cada día do ano en dez puntos diferentes distribuidos pola ruta.

Non se terán en conta as perdas aerodinámicas que lle aporta a instalación de paneis ao camión.
Volver