Secretaría Uvigo - Deseño e cálculo da instalación eléctrica dunha fábrica dedicada a producción de fiestras de PVC

Deseño e cálculo da instalación eléctrica dunha fábrica dedicada a producción de fiestras de PVC

Data de defensa16/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Eléctrica
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Bernardino Novo Ramos
Tribunal Presidencia: Francisco Rodríguez Castro
Secretaría: Edelmiro Míguez García
Vogalía: Xosé Manuel López Fernández
ResumoNa actualidade o desenvolvemento dun proceso industrial leva ás empresas a innovar e buscar metodoloxías e procesos para un bo desenvolvemento do producto e así seguir sendo competitivos nun mercado cada vez máis globalizado, polo tanto, con maior competencia.
Este traballo céntrase no deseño dunha nave para a fabricación de fiestras de PVC. Escóllese este tema e as fiestras de PVC como producto rematado porque no meu lugar de nacemento existen varias das fábricas máis importantes do territorio autonómico e con peso nas exportacións tanto a nivel nacional como internacional, que aportan traballo e beneficio á zona e son un exemplo. de crecemento e innovación. Iníciase aprendendo o proceso de fabricación e buscando as máquinas que se consideren idóneas para levar a cabo o proxecto. Posteriormente, elíxese unha localización o máis adecuada posible, tratando de situala nun punto estratéxico ben comunicado tanto para a recepción de materias primas como para a saída do produto final. A continuación, deséñase a distribución da nave en función das necesidades observadas e organízase o proceso de fabricación. Unha vez feita a distribución e cunha previsión de potencias, donde a iluminación é calculada mediante un programa especializado, calcúlase o centro de transformación. A partir de aquí deséñase a instalación interior, os cadros de distribución, as seccións dos condutores empregados, a protección de cada liña e a posta á terra da instalación. A súa vez, durante o desenvolvemento do proxecto, realízanse os planos e cálculos xustificativos das decisións adoptadas dacordo coa lexislación vixente.
Volver