Secretaría Uvigo - Análise da aceptación e uso dos UAS para impulsar os estudos STEM en educación primaria e secundaria

Análise da aceptación e uso dos UAS para impulsar os estudos STEM en educación primaria e secundaria

Data de defensa13/09/2022
TitulaciónMáster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Higinio González Jorge
Tribunal Vogalía: Higinio González Jorge
Presidencia: Henrique Lorenzo Cimadevila
Secretaría: Ana Novo Gómez
ResumoEste proxecto para o fomento dos estudos STEM preséntase como unha proposta para abordar os problemas de promoción nas primeiras etapas da educación primaria e secundaria e a súa análise da aceptación tecnolóxica a partir do modelo da teoría unificada da aceptación e uso da tecnoloxía, onde o xénero é significativo. Preténdese con este proxecto docente xerar un espertar de vocacións tanto nos nenos como nas nenas a estes estudos STEM, cunha proposta educativa novidosa baseada en A.B.P. que, mediante o uso de UAS, favorecerá un achegamento a estas carreiras.
Como modelo de análise para analizar o índice de aceptación tecnolóxica recorreuse ao modelo UTAUT2. Os datos obtidos semellan confirmar a relación entre as variables xénero-intención de uso para analizar os determinantes de mudanza, en que cantidade e por xénero, ao ver cales son as consecuencias finais da promoción, así como, o impacto na modificación de hábitos por parte do grupo educativo.

Palabras clave: UAS, Dron, STEM, promoción, vocación, educación, igualdade, UTAUT2.
Volver