Secretaría Uvigo - Deseño e análise estrutural dun rover con sistema de contrapeso para grúa para o estudio das covas lunares

Deseño e análise estrutural dun rover con sistema de contrapeso para grúa para o estudio das covas lunares

Data de defensa22/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Titoría: Alejandro Manuel Gómez San Juan
Tribunal Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega
Presidencia: Laura De la Torre Ramos
Secretaría: Analia María García Lourenco
ResumoA Axencia Espacial Europea, a través da campaña Open Space Innovation Platform (OSIP), promociona que calquera persoa ou institución aporte proxectos no ámbito da exploración espacial. Neste sentido, en 2019 presentouse RoboCrane, un rover cuxo obxetivo é o estudo das covas lunares, unhas cavidades no subsolo do noso satélite que probablemente foron formadas polo movemento de lava e o seu posterior arrefriamento por debaixo da superficie da Lúa, que poden servir como lugar para un futuro asentamento humano, xa que están protexidas do impacto de micrometeoritos e da radiación solar.
RoboCrane incorpora unha grúa e un cable, a través dos cales se descolgará un robot de reducido tamaño que se introducirá nas cavidades, aportando soporte de datos e potencia.
Este traballo céntrase no diseño do rover e do sistema de contrapeso necesario para poder desplegar o mástil da grúa sen desequilibrarse, estudando e deseñando a posible estrutura do rover, desde os elementos de tracción como ar rodas ata o chasis, a localización dos subsistemas e a introducción de diversos elementos mecánicos para axudar a equilibrar o peso da grúa.

Palabras clave: rover, grúa, covas lunares, Lúa
Volver