Secretaría Uvigo - Aplicación de Machine Learning para a mellora do proceso de impresión 3D

Aplicación de Machine Learning para a mellora do proceso de impresión 3D

Data de defensa22/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Diego Carou Porto
Cotitoría: Francisco de Arriba Pérez
Tribunal Vogalía: Elena Beatriz Martín Ortega
Presidencia: Laura De la Torre Ramos
Secretaría: Analia María García Lourenco
ResumoNo presente Traballo Fin de Grao recóllense os procedementos necesarios para predicir a rugosidade superficial das pezas impresas mediante fabricación aditiva, utilizando técnicas de Machine Learning.
Para iso, en primeiro lugar, utilizouse a bibliografía existente para documentarse
sobre que parámetros poden ser significativos, en canto á rugosidade superficial.
Posteriormente, realizouse un estudo experimental para establecer os ensaios a realizar. A continuación, deseñáronse e fabricáronse todas as probetas que, tras desenvolver un procedemento de medición, permiten obter os valores de rugosidade superficial. Finalmente, elaborouse un modelo, aplicando técnicas de Machine Learning, para poder predicir a rugosidade superficial, a partir dos datos seleccionados na bibliografía e dos obtidos experimentalmente. Ademais, realizouse un estudo estatístico para poder concluír se existen tendencias claras en canto aos parámetros analizados.
En conclusión, a través da metodoloxía resumida anteriormente, foi posible atopar un algoritmo capaz de predecir a rugosidade superficial a partir dunha serie de datos de partida dun xeito máis rápido e eficiente. Ademais, tamén se puideron extraer conclusións sobre a significación dos parámetros de impresión.
Volver