Secretaría Uvigo - Simulación CFD de fluxos de vento nun entorno urbano: Validación de modelo e parámetros de implementación numérica

Simulación CFD de fluxos de vento nun entorno urbano: Validación de modelo e parámetros de implementación numérica

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Elena Beatriz Martín Ortega
Tribunal Presidencia: Iván Carlos Area Carracedo
Secretaría: Tomas Raimundo Cotos Yáñez
Vogalía: Borja Conde Carnero
ResumoA análise dos fluxos de vento en contornas urbanas pode resultar verdadeiramente útil para valorar os posibles riscos estruturais das edificacións construídas ou por construír e en proxecto, tamén pode servir para entender como se desprazan as partículas de polución e incluso será chave para a instalación de zonas de aterraxe para drons nas cubertas dos edificios.
Todo isto só se pode lograr por medio da simulación CFD, que é o conxunto de ferramentas que permiten, xeralmente mediante modelos de turbulencia emular o comportamento dos fluídos segundo as condicións dadas polo usuario.
Por un lado, hoxe en día existe unha verdadeiramente ampla carteira de produtos software cos que os investigadores realizan as súas probas para finalmente aportar conclusións útiles para o encargo recibido. Por outro lado, tamén foron desenrolados unha gran multitude de modelos de turbulencia ao longo dos anos, desde o comezo da aplicación da computación ao estudo da mecánica dos fluídos.
Isto obriga a que, para poder empregar os distintos programas xunto cos diferentes modelos de turbulencia para calquera tipo de aplicación en concreto, sexa interesante e realmente relevante levar a cabo validacións de modelo por medio de experimentación en túnel de vento para logo comparar os resultados cos obtidos mediante as simulacións segundo os diferentes modelos de turbulencia.
Neste traballo farase un breve recorrido por este proceso tan importante e que serve de soporte para a aplicación da simulación sobre proxectos de enxeñaría reais de toda clase de ámbitos.
Volver