Secretaría Uvigo - Elaboración do primeiro catálogo de produtos audiovisuais cunha lingua de signos como lingua orixe.

Elaboración do primeiro catálogo de produtos audiovisuais cunha lingua de signos como lingua orixe.

Data de defensa18/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Pablo Romero Fresco
Tribunal Titoría: Pablo Romero Fresco
ResumoEste traballo pretende abordar a elaboración do primeiro catálogo de produtos audiovisuais cunha lingua de signos como lingua orixe, tanto principal como secundaria. Actualmente, a oferta de contidos audiovisuais accesibles continúa sendo escasa, o que agranda a exclusión que experimentan a diario as persoas con discapacidade visual ou auditiva. Dado que na nosa sociedade existe a igualdade de oportunidades, todos os cidadáns deberían gozar do mesmo acceso ao lecer compartido. Para iso, así como para determinar o nivel de accesibilidade que existe no mundo audiovisual, analizáronse unha serie de produtos audiovisuais (películas, series, documentais, etc.) e as súas linguas de orixe. Mediante a información recompilada, pódese chegar á conclusión de que existe un número limitado de produtos accesibles hoxe en día. O principal problema que ocasiona a escaseza deste tipo de produtos é a falta de sensibilidade que existe en relación cos colectivos que padecen discapacidade cognitiva, así como o tempo e recursos que implican converter todo o contido que se emite en accesible.
Volver