Secretaría Uvigo - "Falar de Galizia a quen a sublima". A Descrición do reino de Galicia de Bartolomé Sagrario Molina: análise dunha historia en verso

"Falar de Galizia a quen a sublima". A Descrición do reino de Galicia de Bartolomé Sagrario Molina: análise dunha historia en verso

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Anxo Angueira Viturro
Tribunal Titoría: Anxo Angueira Viturro
ResumoNeste traballo preténdese estudar a crónica Descrición do reino de Galicia, do cóengo malagueño Bartolomé Sagrario de Molina. Publicada en 1550 na sede mindoniense, analizaremos os seus contidos, dende aspectos históricos e literarios. Debemos ter en conta que Galicia, como reino durante o século XVI, atopábase alonxada dos centros de poder e, en certo modo, era un territorio asoballado pola Monarquía Hispánica. Así pois, revisaremos a actividade política -e as a súas institucións, a cultura da escrita, a alfabetización da poboación; para coñecer o contexto do autor e as circunstancias da publicación da súa afamada obra.
Sen dúbida, como veremos, é un texto moi valioso, a pesar de ser carente de rigor científico, por aportar datos útiles sobre o reino. Non obstante, ao igual que autores doutras corografías de Castela, escribiu para mellorar a súa posición social. O interese literario desta obra radica en que está escrita en octavas maiores, aportando musicalidade ao contido, o que logo foi habitual durante o Renacemento.
Volver