Secretaría Uvigo - Proposta de subtitulado ao castelán dun capítulo de «SKAM France» e comentario das dificultades atopadas

Proposta de subtitulado ao castelán dun capítulo de «SKAM France» e comentario das dificultades atopadas

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Susana Cruces Colado
Tribunal Titoría: María Susana Cruces Colado
ResumoDebido a que a serie «SKAM France» foi obxecto de múltiples fansubs, neste traballo decidiuse realizar o subtitulado interlingüístico ao castelán dun dos seus capítulos, poñendo en práctica as convencións profesionais da subtitulación. O programa empregado para realizar esta tarefa foi Aegisub.

Ademais, levouse a cabo unha análise do rexistro empregado polos personaxes no capítulo, unha das características que determinou a lingua empregada na tradución. En último lugar, realizouse un comentario das dificultades atopadas ao longo da tradución, clasificándoas en técnicas, lingüísticas e culturais.

Palabras clave: subtitulación, fansub, rexistro coloquial, argot, verlan.
Volver