Secretaría Uvigo - Autismo e Conversation Analysis: Análise do Repertorio Autista de Arnie Grape na Produción Cinematográfica 'What's Eating Gilbert Grape?' (1993)

Autismo e Conversation Analysis: Análise do Repertorio Autista de Arnie Grape na Produción Cinematográfica 'What's Eating Gilbert Grape?' (1993)

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Linguas Estranxeiras
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María Esperanza Rama Martínez
Tribunal Titoría: María Esperanza Rama Martínez
ResumoO presente estudo ten como obxectivo principal o análise crítico daqueles fragmentos de diálogo máis significativos e representativos do repertorio autista que se poden atopar na produción cinematográfica ?What?s Eating Gilbert Grape?? (1993). Os fragmentos, transcritos manualmente, exploraranse seguindo a metodoloxía propia de Conversation Analysis e estudos sobre discapacidade realizados precedentemente.
O análise partirá da observación de conversación casual e non estruturada realizada nun entorno familiar/naturalista polo individuo autista en cuestión; Arnie Grape, un adolescente de dezaoito anos de idade cun prospeto conversacional limitado e notables deficienzas ou disfuncións conversacionais.
O seu discurso examinarase tendo en conta as propiedades prosódicas e léxicas da súa fala, incluido o seu uso da risa e algúns rasgos xestuais recurrentes de gran relevancia ̶ exhibicións faciais e movementos da cabeza ou das mans. As súas contribucións serán evaluadas con respeto ó xeito no que estructura as súas respostas e se isto ocorre de maneira preferente ou non preferente ̶ ?preference organisation? ̶ e ó manexo subseguinte da interacción con outros individuos centrándose na súas competencias comunicativas e as súas materializacións. Os rasgos conversacionais evaluados son os seguintes:
(a) rasgos acústicos: rango de tonos (?pitch range?), acento (?stress?), entoación e volumen;
(b) rasgos verbais: xestos e movementos corporais
(c) risa
(d) toma de turnos: primeiro e segundo par dos pares adxacentes
(e) organización da preferencia (?preference organisation?): accións preferentes e non preferentes.
Volver