Dificultades na tradución da narrativa infantil: Análise e tradución ao galego de «The Big Friendly Giant» de Roald Dahl
Data de defensa | 19/07/2022 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez |
Tribunal |
Titoría: Beatriz María Rodríguez Rodríguez |
Resumo | O presente traballo ten por obxecto contribuír á dinamización da lingua galega mediante a realización dunha proposta de tradución de inglés a galego da obra «The Big Friendly Giant» (The BFG) de Roald Dahl (1982). Doutra banda, levarase a cabo un comentario crítico no que se analizarán, seguindo o modelo de Marco Borillo (2001), os diferentes problemas de tradución que presenta a novela e as estratexias que se puxeron en práctica para facer fronte a estas dificultades. Así mesmo, este traballo pretende mostrar de forma pormenorizada os obstáculos que o tradutor de literatura infantil e xuvenil debe ser capaz de superar para acadar unha tradución satisfactoria e de calidade. Palabras clave: LIX, tradución, problemas de tradución, dinamización lingüística |