Secretaría Uvigo - Tradución e comentario tradutolóxico de 2 capítulos de: A Room with a View

Tradución e comentario tradutolóxico de 2 capítulos de: A Room with a View

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
Tribunal Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
ResumoO presente traballo consiste nunha proposta de tradución dos capítulos 1 e 2 da novela A Room with a View (1908), de Edward Morgan Forster. Para levalo a cabo, simulamos un encargo de tradución de equivalencia funcional. En primeiro lugar, presentamos a análise da devandita obra seguindo o modelo de análise literaria de Marco Borillo (2001). A continuación, expoñemos o texto orixinal (TO) en inglés seguido da súa tradución ao galego, para a cal empregamos unha estratexia xeral estranxeirizante (Venuti, 1995). A última parte do noso traballo é o comentario tradutolóxico dos dous capítulos que traducimos. Nesta última sección, presentamos e explicamos os problemas que atopamos á hora de traducir, para despois xustificar as estratexias de tradución baseándonos en distintas fontes de autoridade.
Volver