Secretaría Uvigo - Adaptación dun subtitulado estándar a Lectura Fácil: un caso práctico

Adaptación dun subtitulado estándar a Lectura Fácil: un caso práctico

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
Tribunal Titoría: Ana María Pereira Rodríguez
ResumoNa actualidade, o consumo de produtos audiovisuais é cada vez maior e, con todo, non sempre son accesibles para todas as persoas. Dentro do campo da accesibilidade audiovisual, o presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal presentar un caso práctico de como se pode crear contido accesible en Lectura Fácil (LF) dirixido, sobre todo, a persoas que presentan dificultades de comprensión lectora. Para iso, presentaremos unha proposta de adaptación en LF dun subtitulado estándar, tomando a Norma UNE 153101 EX de LF como referencia para a realización do noso traballo. Este divídese en catro apartados: marco teórico, a nosa proposta tanto do subtitulado estándar como do adaptado, comentario das estratexias implementadas na adaptación e conclusións.

Palabras clave: tradución audiovisual, subtitulado, Lectura Fácil, Norma UNE 153101:2018 EX, accesibilidade, subtitulado accesible
Volver