Secretaría Uvigo - Intérpretes no cine: diferenzas entre a interpretación profesional e non profesional

Intérpretes no cine: diferenzas entre a interpretación profesional e non profesional

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
Tribunal Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
ResumoO presente traballo ten como obxectivo amosar as diferenzas entre unha interpretación realizada por un profesional e unha levada a cabo por unha persoa sen formación como intérprete, só con coñecementos de linguas. Para iso, tomaranse como referencia dúas películas, Guerreros (Calparsoro, 2002) e Todo está iluminado (Schreiber, 2005), onde aparecen e teñen un papel importante unha intérprete profesional e un intérprete ad hoc, respectivamente. A través da análise destas dúas películas e do estudo das condutas de ambos personaxes no momento de interpretar determinaranse as diferenzas e demostrarase a importancia da profesionalidade.
Volver