Secretaría Uvigo - Charade e The Interpreter: a representación da interpretación no cine

Charade e The Interpreter: a representación da interpretación no cine

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
Tribunal Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
ResumoA intención deste traballo é a de analizar a imaxe que se proxecta no mundo cinematográfico da interpretación. Para facelo, servirémonos de dúas películas, Charade (1963) e The Interpreter (2005), longametraxes onde ambas as súas protagonistas son intérpretes. A profesión da interpretación é algo que se leva mostrando no cinema desde hai décadas, isto é algo que podemos observar na diferenza de anos entre as dúas obras cinematográficas seleccionadas.

Para realizar esta análise comparativa e observar a profesionalidade que presentan ambas as intérpretes basearémonos no código deontolóxico da Asociación Internacional de Interpretes de Conferencias (AIIC) e en diversos criterios expostos por diferentes profesionais. Tras analizar o traballo que se mostra nas películas, daranse unha serie de conclusións sobre a visibilización da profesión a través destas.
Volver