Secretaría Uvigo - Mellora da eficiencia dunha franquía do sector panadeiro baixo o enfoque Data-Driven.

Mellora da eficiencia dunha franquía do sector panadeiro baixo o enfoque Data-Driven.

Data de defensa14/09/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría en Organización Industrial
CentroEscola de Enxeñaría Industrial
Dirección Titoría: Antonio Sartal Rodríguez
Tribunal Presidencia: Jorge Cerqueiro Pequeño
Vogalía: Martín Lamosa Quinteiro
Secretaría: Javier Turienzo Riveiro
ResumoO presente Traballo Fin de Grao expón a inexorable necesidade das empresas, independentemente do seu sector e tamaño, de dixitalizarse. Adquirir datos, analizalos e obter información e coñecemento son as claves para a mellora e optimización dos procesos e operacións das organizacións para extraer así o máximo valor do negocio.

A empresa na que se fundamenta o proxecto é unha pequena PEME, unha franquía pertencente ó sector da panadaría, pastelaría e cafetaría, cuxo problema principal radica na baixa rendibilidade do negocio e o descoñecemento das súas causas. Despois dunha análise da situación da empresa, identificáronse dúas problemáticas principais: as baixas marxes nos produtos, froito da política de prezos do franquiador e do tipo de produtos cos que opera, e a gran cantidade de perda de produto, é dicir, aqueles produtos que, diariamente, enfórnanse, non se venden e acábanse tirando.

Esta segunda problemática é, precisamente, a que se pretende abordar con este proxecto. Para iso utilizamos unha ferramenta de intelixencia de negocio, Power BI, para a recollida de datos existentes no sistema de xestión da empresa, estruturalos mediante un modelo relacional e visualizalos dunha forma útil, clara e sinxela a través de dashboards que conteñan os indicadores claves de rendemento (KPI).

Contar con estes cadros de mando fará que o franquiado poida tomar mellores decisións de compra e enfornado de produtos, axustándose á demanda dos consumidores. Con iso, conseguirase unha redución considerable da perda de produto, o que se dúbida aumentará a rendibilidade do negocio.

Finalmente, é importante destacar a importancia do emprego desta ferramenta para a empresa, xa que se pode converter nunha vantaxe competitiva nun sector moi maduro, no que a innovación e a dixitalización seguen sendo algo testemuñal.

Este proxecto contou con certas limitacións, entras as que destacan a imposibilidade de calcular os custos variables individuais relacionados coa cocción e a man de obra de cada unha das referencias de produto pola falta de estandarización dos procesos, a incapacidade de conectar o sistema de xestión da empresa a Power BI e a falta de dixitalización dos albarás de compras de materias primas dentro do mencionado sistema.
Volver