Secretaría Uvigo - Análise das políticas de axudas para a tradución do invitado de honra da FIL de Fráncfort 2022

Análise das políticas de axudas para a tradución do invitado de honra da FIL de Fráncfort 2022

Data de defensa20/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
Tribunal Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
ResumoEste ano España é o invitado de honra para a Feira Internacional do Libro de Fráncfort, o encontro con maior transcendencia internacional do mundo editorial. Despois de que o fose en 1991, a presenza de España como invitado de honra este 2022 en Alemaña ten unha gran importancia ao representarse a cultura e a literatura do noso país no estranxeiro.

Neste traballo, realizamos unha análise das políticas de axudas para a tradución que se levaron a cabo dende as institucións para esta cita tan importante. Por isto, consultamos como fonte principal o programa Books From Spain coa información referida ás políticas de subvención e para coñecer cal é o canon literario e de ensaio que se quere promocionar.

A análise se realiza centrándonos en doce aspectos básicos: autores/as, idade, sexo, nacionalidade, obra, ano de edición, lingua orixinal, xénero literario, editoras da tradución, lingua da tradución xunto co país onde se levará a cabo e, por último, a presenza previa dos autores nas diferentes bibliotecas nacionais.
Volver