Secretaría Uvigo - Estudo dos anglicismos en galego en Twitter

Estudo dos anglicismos en galego en Twitter

Data de defensa20/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
Tribunal Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
ResumoO inglés converteuse nunha lingua franca que está moi presente na sociedade e, especialmente, nas redes sociais, a ferramenta de comunicación de miles de millóns de persoas.

Neste contexto, este traballo ten por obxectivo analizar a presenza de voces anglófonas no galego a través de chíos publicados na rede social Twitter. En concreto, achegamos datos sobre a variedade do léxico nas redes en comunicacións da xente moza para construir un dicionario (composto por cincuenta entradas) que recolla os anglicismos e mais as recomendacións das institucións académicas sobre eles.

PALABRAS CLAVE: redes sociais, Twitter, chíos, anglicismos, estranxerismos, inglés, galego, dicionario.
Volver