Secretaría Uvigo - Dicionario básico para a elaboración de videoxogos

Dicionario básico para a elaboración de videoxogos

Data de defensa20/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Francés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
Tribunal Titoría: Iolanda Gloria Galanes Santos
ResumoOs videoxogos son, a día de hoxe, unha das industrias de entretemento que máis beneficio xera no mundo (A.E.V.I., 2020). O obxectivo deste traballo de fin de grao é crear un dicionario terminográfico monolingüe en galego con equivalencias en español, francés e inglés que recolla o vocabulario exclusivo para a realización de videoxogos. A elaboración do dicionario seguiu a metodoloxía de Cabré en La terminología: teoría, metodología, aplicaciones (1993), e as fases do traballo terminolóxico clasificadas por Vargas (2005b). Os resultados deste traballo confirman a magnitude e o auxe da cultura dos videoxogos no mundo e, como consecuencia, na lingua, demostrando a viabilidade do emprego do galego en calquera tipo de ámbito de entretemento, inclusive o dos videoxogos.
Palabras clave: videoxogos, entretemento, dicionario terminográfico, terminoloxía
Volver