Secretaría Uvigo - Tradución comentada dos contos «Der König vom goldenen Berg» e «Frau Trude» dos irmáns Grimm

Tradución comentada dos contos «Der König vom goldenen Berg» e «Frau Trude» dos irmáns Grimm

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Silvia Montero Küpper
Tribunal Titoría: Silvia Montero Küpper
Secretaría do centro: Miguel Cuevas Alonso
ResumoCon este presente Traballo de Fin de Grao pretendo facer chegar unha proposta de tradución de dous contos dos irmáns Grimm que non son moi coñecidos na nosa cultura, «Der König vom goldenen Berg» e «Frau Trude». Seguindo o modelo de Christiane Nord, téñense en conta os elementos característicos da cultura base e o seu posible traslado á cultura meta adoptando unha fórmula arcaizante e cun público adulto en mente. Deste xeito, mantense o principio de fidelidade cos textos base, tendo en consideración o vocabulario propio da Alemaña do século XIX e as expresións que caracterizan os contos dos irmáns Grimm. O resultado é unha tradución funcional e comunicativa. Ademais da análise e comentario dos textos, contextualizase a vida dos irmáns Grimm e ofrécese un apartado sobre as traducións en España da súa obra.

Palabras chave: irmáns Grimm, literatura popular, tradución comentada, análise Christiane Nord
Volver