Secretaría Uvigo - Aproximación á tradución da spoken word: tradución ao español e análise tradutolóxica dun poema de Kae Tempest

Aproximación á tradución da spoken word: tradución ao español e análise tradutolóxica dun poema de Kae Tempest

Data de defensa20/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Burghard Baltrusch
Tribunal Titoría: Burghard Baltrusch
ResumoResumo:
No presente traballo preténdese realizar unha aproximación á tradución da spoken word e as súas posibilidades. A partir dunha perspectiva teórica da tradución poética, abórdanse as características deste tipo de textos e outras cuestións como a traducibilidade da poesía, os modelos teóricos de tradución da poesía, a tradución do verso libre, a tradución do xénero e das metáforas e a dimensión performativa da linguaxe. Como exemplo práctico de tradución da spoken word, lévase a cabo unha tradución do poema People?s Faces de Kae Tempest, para o que se realiza una contextualización previa. Mediante a análise tradutolóxica realizada, reflexiónase sobre as peculiaridades da linguaxe poética que dificultan en maior medida a tradución dos textos poéticos performativos e sobre as posibilidades de tradución da spoken word.

Palabras chave: spoken word, tradución, poesía, performance, Kae Tempest
Volver