Secretaría Uvigo - Autoavaliación da calidade en interpretación simultánea: análise dunha interpretación comentada

Autoavaliación da calidade en interpretación simultánea: análise dunha interpretación comentada

Data de defensa21/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Robert Neal Baxter
Tribunal Titoría: Robert Neal Baxter
ResumoO presente traballo de fin de grao (TFG) versa sobre a avaliación da calidade dunha interpretación simultánea realizada pola propia autora. Unha vez terminado o acto interpretativo, prosegue unha pormenorizada análise da súa calidade mediante a detección das boas escollas e erros e posterior clasificación dos erros segundo o modelo de Alonso Bacigalupe. A análise exhaustiva permite reflexionar sobre o discurso producido para extraer conclusións. A autora avaliou tamén as escollas das diversas estratexias empregadas. A autoavaliación é un exercicio moi eficaz que permite a estudantes e a intérpretes profesionais tomar consciencia da calidade das súas interpretacións simultáneas para traballar na mellora dos seus puntos febles e así desenvolver futuras encomendas con éxito.

Palabras clave: análise, autoavaliación, calidade, conclusións, erros, estratexias, habilidades, interpretación simultánea.
Volver