Secretaría Uvigo - A lingua inglesa nos centros de educación secundaria: un estudo de caso (2021-2022)

A lingua inglesa nos centros de educación secundaria: un estudo de caso (2021-2022)

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
Tribunal Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
ResumoResumo:
Este Traballo de Fin de Grao mostra unha análise de caso da lingua inglesa na educación secundaria, para a que se empregou unha enquisa que responderon tanto o profesorado como o alumnado de tres centros de Educación Secundaria Obrigatoria. O principal obxectivo desta investigación é coñecer como se imparte a materia, os intereses do alumnado e os materiais e actividades que fan de forma autónoma para mellorar na lingua. Os resultados obtidos poderán ser de axuda para facer unha programación da materia que resulte rendible e de interese para o alumnado.

Palabras clave: ensino, linguas estranxeiras, inglés, enquisa, alumnos, profesores
Volver