Secretaría Uvigo - Unha proposta de subtitulado ao galego para o filme Straight Outta Compton (2015)

Unha proposta de subtitulado ao galego para o filme Straight Outta Compton (2015)

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
Tribunal Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
ResumoEste Traballo de Fin de Grao pretende elaborar unha proposta de tradución cara ó galego para o filme Straight Outta Compton (F. Gary Gary, 2015). Como en toda tradución audiovisual, é imprescindible realizar un proceso de documentación dentro do ámbito no que se vai traballar. Por esta razón, se levou a cabo unha investigación sociolóxica do panorama que rodea ás persoas afroamericanas e as trabas coas que se atopan dentro da sociedade, o que lles conduce a manifestarse e reivindicar a súa situación a través dun movemento cultural: o Hip-hop. Paralelamente, tendo en consideración o contexto no que se desenvolve o filme, este traballo conta cunha proposta de tradución e subtitulado para un fragmento moi significativo do mesmo. Para a súa realización, tivéronse en conta os procesos e técnicas propias da tradución audiovisual, así como tamén se procurou a resolución dos problemas lingüísticos característicos das dúas linguas de traballo.

Palabras chave: Hip-hop, brutalidade policial, comunidade afroamericana, subtitulado, tradución.
Volver