Secretaría Uvigo - A voz 'retranca' nos dicionarios galegos: evolución léxico-semántica

A voz 'retranca' nos dicionarios galegos: evolución léxico-semántica

Data de defensa19/07/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xosé Soto Andión
Tribunal Titoría: Xosé Soto Andión
Resumo?Retranca? é un termo equívoco que a xente adoita vencellar a ironía, humor e mesmo burla. O obxectivo deste traballo é analizar a evolución do seu significado nos principais dicionarios galegos desde 1800. Para desenvolver esta investigación, empregouse unha metodoloxía dobre. En primeiro lugar, realizouse un estudo lexicográfico da entrada ?retranca? nos quince dicionarios galegos para os que dá resultados o buscador do Dicionario de dicionarios e noutros cinco dicionarios contemporáneos: o da RAG, Digalego, Xerais, Estraviz e Século XXI (Galaxia/Do Cumio). Nunha segunda fase, levouse a cabo unha pescuda do termo no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) para ilustrar esta evolución lexicografica mediante exemplos literarios e xornalísticos. Da investigación tírase que ?retranca? gardou sempre unha certa relación coa idea de frear (primeiro en sentido literal e despois en sentido figurado), mais experimentou un dobre salto semántico desde o seu significado orixinal de ?atafal? (correa de coiro que suxeita a albarda ás ancas das cabalarías e serve para impedir que a montura esvare cara adiante) ata o actual de habelencia para falar con ironía ou segundas intencións. De designar un aparello para frear unha montura ou un carro pasou, metaforicamente, a dar nome a unha actitude persoal que serve de freo nas relacións sociais; actitude caracterizada ao principio como unha astucia máis ou menos maliciosa e logo, positivamente, como unha habelencia para non dicir o que os outros pretenden que un diga.
Palabras clave: retranca, dicionarios, sentido, evolución léxico-semántica
Volver