Estrés na aula de simultánea
Data de defensa | 19/07/2022 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Luis Alonso Bacigalupe |
Tribunal |
Titoría: Luis Alonso Bacigalupe |
Resumo | A interpretación simultánea sempre foi vista como unha actividade altamente estresante. Por iso, o obxectivo deste traballo é ofrecer unha visión xeral do que é o estrés e dos factores que poden causar estrés no alumnado de interpretación simultánea. Neste traballo tamén se describirán diferentes estudos empíricos realizados ao longo do tempo sobre o estrés no alumnado de interpretación. Por último, ofreceranse algúns consellos para xestionar o antedito estrés empregados polos propios alumnos que formaron parte dun dos experimentos que se van describir. Palabras clave: interpretación simultánea, estrés, ansiedade, estudantes |