Modelado físico e numérico da interacción entre ondas e obxectos flotantes
Autoría | Jorge Ledo Rodríguez |
Data de defensa | 05/07/2022 |
Titulación | Grao en Enxeñaría Aeroespacial |
Centro | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo |
Dirección |
Cotitoría: José Manuel Domínguez Alonso Titoría: Alejandro Jacobo Cabrera Crespo |
Tribunal |
Secretaría: María Begoña Cid Iglesias Presidencia: Carlos Ulloa Sande Vogalía: Alejandro Manuel Gómez San Juan |
Resumo | Este traballo fin de grao céntrase na análise da interacción entre ondas e obxectos flotantes. Realízanse varios experimentos na canle de ondas nanoCIEM e as simulacións numéricas equivalentes empregando o software DualSPHysics, que foi desenvolvido polo grupo EPhysLab da Universidade de Vigo. O primeiro paso foi aprender a usar a canle de ondas nanoCIEM. Despois houbo un período de aprendizaxe de como manexar o software DualSPHysics. O seguinte paso foi realizar unha validación comparando os resultados numéricos cos experimentais para comprobar que as ondas se xeran e propagan polo tanque numérico de maneira correcta e sen problemas de reflexión. Entón realizouse unha proba de decaimento vertical para comprobar o comportamento dun obxecto flotante na auga en calma. O seguinte paso foi poñer ese obxecto flotante no tanque de ondas para estudar a súa interacción coas ondas regulares e analizar os seus movementos lonxitudinais e verticais. Por último, engádese unha liña de amarre dende o obxecto flotante ao fondo do tanque e estudase como se restrinxen os seus movementos respecto ao caso anterior. |