Secretaría Uvigo - Deseño dunha misión espacial para a investigación sobre a posible existencia de acuíferos en Marte.

Deseño dunha misión espacial para a investigación sobre a posible existencia de acuíferos en Marte.

Data de defensa05/07/2022
TitulaciónGrao en Enxeñaría Aeroespacial
CentroEscola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Dirección Titoría: Daniele Tommasini
Cotitoría: Fermín Navarro Medina
Tribunal Secretaría: María Begoña Cid Iglesias
Presidencia: Carlos Ulloa Sande
Vogalía: Alejandro Manuel Gómez San Juan
ResumoEste proxecto xurdiu do gran impulso que ven tendo a iniciativa de conseguir que o home chegue a Marte na próxima década e estableza unha colonia neste planeta . Con este propósito, buscouse deseñar unha misión que contribuíra a facer que esta idea chegase a ser unha realidade. Polo tanto, decidiuse centrar o proxecto nun aspecto tan importante para a vida como é a auga e concentrar a súa busca nunha zona de Marte da que non se ten demasiada información: Valles Marineris.
Por outro lado, para dar unha maior profundidade ao proxecto decidiuse que o sistema de propulsión debía ser distinto aos tipicamente empregados e que o máis interesante para o caso sería a propulsión iónica. Así, analizaranse as capacidades deste sistema para conseguir que o satélite quede orbitando ao redor de Marte e as perturbacións ás que estará sometido. Ademais, esta elección ten unha relevancia tan grande no proxecto que en base a ela establecéronse o resto de puntos a tratar, sendo a determinación da masa e a área superficial do satélite dous aspectos clave.
Por último, en canto ao deseño do satélite, os subsistemas de potencia e actitude serán aos que se lles preste máis atención. No caso do sistema de potencia, o principal motivo é que o sistema de propulsión empregado presenta a peculiaridade de que consume unha cantidade considerable de enerxía. Polo tanto, deseñar este sistema de forma que sexa capaz alimentar ao sistema de propulsión e aos distintos equipos do satélite terá unha gran importancia. En segundo lugar, a relevancia do sistema de actitude reside no dimensionado dos actuadores que consumen potencia eléctrica. Ademais, neste apartado tamén se tratarán aspectos como o cálculo do centro de gravidade do satélite e os seus momentos de inercia.
Volver