Secretaría Uvigo - Entre mulleres e monstruos: "A Bela e a Besta" no cine de Guillermo del Toro: "A forma da auga"

Entre mulleres e monstruos: "A Bela e a Besta" no cine de Guillermo del Toro: "A forma da auga"

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
Tribunal Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
ResumoA literatura sobre contos de fadas é case tan extensa coma os propios contos. A importancia destes relatos está presente no panorama actual da literatura e outras reproducións interartísticas. Neste traballo falaremos das orixes do conto e da súa delimitación dentro dos demais xéneros literarios. Partindo do conto do século XVIII, "A Bela e a Besta" de Le Prince de Beaumont, observaremos os procedementos polos que a historia se transforma nunha trama cinematográfica grazas ó director Guillermo del Toro, na súa película "A forma da auga".
Guillermo del Toro foi director e guionista de numerosos títulos moi significativos para a historia do cine. A súa traxectoria cinematográfica estivo orientada, fundamentalmente, cara ó cine fantástico e de terror, sendo esta película unha das súas pezas máis representativas. Nesta obra, o conto clásico materialízase nun relato de ?conto de fadas? que posúe unha tosquedade e madurez notables. Pero, ademáis, con esta película volve amosarnos a súa capacidade para reescribir un texto tradicional moi popular. No presente traballo analizaremos este proceso e as diferenzas e semellanzas que podemos atopar entre ambos textos. Remataremos este traballo expoñendo a nosa valoración e as conclusións ás que chegamos.

Palabras clave: contos, A Bela e a Besta, Le Prince de Beumont, Guillermo del Toro, A forma da auga, rodaxe.
Volver