Secretaría Uvigo - A relatividade do falso en El cuento de Sirena de Gonzalo Torrente Ballester

A relatividade do falso en El cuento de Sirena de Gonzalo Torrente Ballester

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
Tribunal Titoría: María del Carmen Becerra Suárez
ResumoNeste traballo abórdanse de xeito aproximado algúns dos recursos empregados por Gonzalo Torrente Ballester na súa novela curta El cuento de Sirena, destinados a mesturar realidade e ficción e reforzar a verosimilitude dunha historia baseada nunha lenda popular galega: a da orixe da familia Mariño. O estudo realízase tras un breve percorrido pola historia das sereas que comeza coas particularidades da figura da serea en Galicia, continúa asociando a verosimilitude da ficción coa persistencia de lendas e mitos fantásticos, así como a comprensión dos procesos sociolóxicos que o permiten. Por último, explóranse temas como a metaliteratura e a profundidade que Torrente Ballester acada no mundo da ficción engadindo ao relato historias enmarcadas de diversos tipos e lonxitudes.

Palabras clave: Torrente Ballester, verosimilitude, lendas, serea
Volver