Secretaría Uvigo - O precario rexistro das palabras. Migración e escrita na obra de Rui Knopfli

O precario rexistro das palabras. Migración e escrita na obra de Rui Knopfli

Data de defensa16/06/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Burghard Baltrusch
Tribunal Titoría: Burghard Baltrusch
ResumoEste traballo é unha análise da obra do autor mozambicano Rui Knopfli, cuxo obxecto de estudo é a escrita e a condición migratoria do autor. Para tal fin, unicamente tomáronse en consideración as súas tres obras producidas fóra de Mozambique: O escriba acocorado (1978), O corpo de Atena (1984) e O Monhé das Cobras (1997).
O obxectivo é identificar o papel que cumpre a representación da escrita na condición social do autor migrante. Asumindo así, que a migración produce un tipo de enunciación singular e isto ofrece diferentes posibilidades interpretativas.
Este achegamento tivo como consideración central a realidade social en que as obras foron producidas. Xa que logo, a primeira parte é unha revisión histórica do tratamento que a dimensión social e política tivo nas lecturas críticas de Rui Knopfli. Posteriormente, preséntase unha exposición xeral do debate conceptual entre formas como "exilio", "migración" e "diáspora". Finalmente, o tratamento cos textos toma como eixes xerais as reflexións sobre o desprazamento de Richard Sennett e a as achegas de Antonio Cornejo Polar sobre a enunciación migrante.
Seguindo a nosa proposta de lectura, a escrita nas últimas obras producidas por Rui Knopfli converteuse nun espazo en que a subxectividade migrante é capaz de enunciarse a si mesma, revisar a súa propia historia e ensaiar formas de afrontar o seu presente.
Volver