Secretaría Uvigo - O emprego do artigo co posesivo con nomes de parentesco no galego contemporáneo

O emprego do artigo co posesivo con nomes de parentesco no galego contemporáneo

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xosé Antonio Fernández Salgado
Tribunal Titoría: Xosé Antonio Fernández Salgado
ResumoNo presente traballo examinamos o uso do artigo definido co posesivo en frases nominais nucleadas por nomes de parentesco e algunhas das variables que poden axudar a explicar a súa presenza ou ausencia en galego en exemplos como A miña nai é galega ou Miña nai é galega. A análise realízase a partir dun corpus constituído por textos tomados do TILGA nun período que abrangue dende 1918 a 2013. Tras a elaboración dunha base de datos propia, conformada por preto de 23000 exemplos de substantivos de parentesco a partir de buscas selectivas no corpus, comezamos por comentar o concepto de parentesco e propoñer unha clasificación propia entorno aos substantivos que forman este campo semántico, para logo revisar o uso do artigo definido co posesivo dentro da gramática galega. Posteriormente, analízanse en que medida inflúen variables semánticas, coma o grao de parentesco; morfolóxicas, coma o xénero, o número ou o número de posuidores; sintácticas, coma a función sintáctica da frase nominal, a presenza dunha preposición ou a modalidade oracional; e cronolóxicas na presenza ou ausencia do artigo determinado en frases formadas por posesivo + nomes de parentesco.
Volver