Secretaría Uvigo - Os comentarios literarios nos perfís de Bookstagram

Os comentarios literarios nos perfís de Bookstagram

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Carmen Luna Selles
Tribunal Titoría: Carmen Luna Selles
ResumoResumo

Nos últimos anos do século XXI as novas tecnoloxías son a nosa ferramenta de traballo e parte do noso pasatempo. As redes sociais son un medio de comunicación e de difusión da información diaria.

Neste caso, o estudo realizado céntrase na divulgación e o comentario de libros na rede social Instagram¸ tamén coñecida como espazo ou comunidade Bookstagram, partindo da pregunta seguinte: Como desenvolven un comentario literario os e as Bookstagrammers?, ou mellor dito: Ata que punto é un comentario literario? Ademais, debido ao gran consumo de diferentes xéneros literarios, a análise céntrase no xénero YA (Young Adult) ou tamén coñecido como o xénero romántico por excelencia.

Para iso, levouse a cabo un cuestionario que se enviou por mensaxes privadas e foi compartido por algúns destes perfís, dando lugar a 63 respostas que manifestan non só as súas preferencias, senón como estruturan os seus comentarios e como os difunden nas diferentes seccións da rede social.

Palabras chave
Comentario literario, redes sociais, novos formatos, bookstagram, influencers, xénero romántico, Young/ new adult, divulgación, lectura
Volver