Secretaría Uvigo - Visibilidade e representación da muller na divulgación científica: análise crítica da revista National Geographic en 2020

Visibilidade e representación da muller na divulgación científica: análise crítica da revista National Geographic en 2020

Data de defensa17/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Susana Rodríguez Barcia
Tribunal Titoría: Susana Rodríguez Barcia
ResumoAo longo da historia a muller tivo unha presenza minoritaria na ciencia e veu como os seus logros e achegas eran eclipsados polos dos seus compañeiros e a súa presenza era ignorada polos medios. Nas últimas décadas podemos observar unha crecente tendencia no fomento da participación da muller tanto nas distintas especialidades da ciencia e da tecnoloxía como nas publicacións relacionadas con este ámbito, aínda que é necesario analizar se se trata só dunha estratexia estética ou se realmente comezou unha nova era de recoñecemento e valoración profesional das mulleres. O propósito principal do presente traballo é analizar a representación e visibilidade da muller en publicacións de divulgación científica na actualidade. Para iso, e utilizando como obxecto de estudo os exemplares do ano 2020 da edición impresa da revista National Geographic, analizouse, por un lado, a visibilidade das mulleres a partir da súa presenza como autoras de artigos e fotografías ou como fontes referenciadas; e, por outro lado, a representación das mulleres desde o punto de vista da construción do seu prestixio como fontes e autoras de referencia. Tamén se levou a cabo unha análise dos contidos temáticos da revista desde unha perspectiva de xénero.

Palabras chave: Divulgación científica | Representación | Visibilidade | Muller
Volver