Secretaría Uvigo - Humor e COVID-19. Análise multimodal a través da memética

Humor e COVID-19. Análise multimodal a través da memética

Data de defensa17/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Susana Rodríguez Barcia
Tribunal Titoría: Susana Rodríguez Barcia
ResumoA investigación do discurso multimodal supón un novo enfoque no ámbito da análise do discurso ao ampliar as súas fronteiras ao estudo da linguaxe en relación con outros elementos. Este traballo céntrase nos memes como elemento multimodal. O humor é un elemento clave neste tipo de textos, polo que é importante entender os distintos procedementos que se empregan para provocar o efecto humorístico buscado. Para iso, analízase a retórica, a gramática, o discurso e a frecuencia de aparición das palabras do corpus total de 541 memes, extraídos no contexto da crise sanitaria provocada pola COVID-19, un factor determinante para a análise.

Palabras clave: humor, COVID-19, meme, multimodalidade
Volver