Análise da calidade dos subtítulos automáticos en directo en galego de TVE
Data de defensa | 16/06/2022 |
Titulación | Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés) |
Centro | Facultade de Filoloxía e Tradución |
Dirección |
Titoría: Pablo Romero Fresco |
Tribunal |
Titoría: Pablo Romero Fresco |
Resumo | O seguinte traballo analiza a calidade dos subtítulos automáticos en directo en galego do informativo territorial de Galicia de TVE. A análise levouse a cabo mediante o modelo NER. Máis aló dos erros típicos, os subtítulos analizados presentan outros erros e problemáticas, os cales foron recompilados e descritos segundo corresponde. A avaliación dos subtítulos achegou datos de erros, categoría dos mesmos e precisión NER. Ningunha das mostras analizadas alcanzou o 98 % de precisión mínimo para que a súa calidade sexa considerada aceptable no mercado. Palabras clave: análise, calidade, galego, modelo NER, precisión, subtítulos automáticos, erro. |