Secretaría Uvigo - As chamadas perdidas, de Manuel Rivas, e a súa autotradución para o castelán

As chamadas perdidas, de Manuel Rivas, e a súa autotradución para o castelán

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xosé Manuel Dasilva Fernández
Tribunal Titoría: Xosé Manuel Dasilva Fernández
ResumoNeste estudo realizamos unha análise tradutolóxica da obra As chamadas perdidas / Las llamadas perdidas de Manuel Rivas. Unha recompilación de relatos que evocan a vida rural en Galicia e que foron trasladados ó castelán polo propio autor. Abordamos os cambios discursivos, ficcionais, lingüísticos e culturais existentes entre a versión en galego e a versión en español. Tamén profundamos na traxectoria de Manuel Rivas ó longo dos anos e detallamos o proceso de vertido ó castelán da súa obra, traendo á palestra conceptos como a tradución alógrafa coa colaboración do autor, a semiautotradución e os tipos de autotradución, estudados previamente por profesionais da materia. Investigaremos a autotradución como fórmula de tradución e faremos un percorrido pola historia da autotradución en Galicia desde o Rexurdimento ata a época actual. Falaremos da identidade do autotradutor tanto na súa faceta como autor como na faceta de tradutor e exporemos as nosas conclusións ante a hipotética posibilidade dunha retroautotradución da obra.

Palabras chave: Manuel Rivas, As chamadas perdidas, Las llamadas perdidas, autotradución, análise tradutolóxica, tradución alógrafa, semiautotradución, versión prototípica, autotradución opaca, autotradución transparente, retroautotraducción.
Volver