Secretaría Uvigo - As chamadas perdidas / Las llamadas perdidas, de Manuel Rivas, en versión portuguesa

As chamadas perdidas / Las llamadas perdidas, de Manuel Rivas, en versión portuguesa

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xosé Manuel Dasilva Fernández
Tribunal Titoría: Xosé Manuel Dasilva Fernández
ResumoManuel Rivas é un dos autores galegos con maior proxección internacional. As súas obras foron vertidas a máis de vinte idiomas por diversos tradutores e tradutoras, incluído o propio Rivas, que leva a cabo unha autotradución cara ao castelán da meirande parte dos seus escritos. As chamadas perdidas, un volume de vinte e catro relatos, é unha das poucas novelas do autor coruñés que só conta coa versión orixinal en galego, unha autotradución ao castelán e unha versión traducida ao portugués por Maria do Carmo Abreu. O obxectivo deste traballo consiste en explorar a tradución compilada na autotradución a través dunha análise contrastiva das tres versións d?As chamadas perdidas en galego, castelán e portugués, e determinar se o que a tradutora portuguesa afirma é certo ou non: a tradución portuguesa elaborouse tomando a versión galega como base, pero revisouse en colaboración co autor, pola súa vontade, a partir da versión en castelán. Para isto, utilizamos unha serie de pasaxes da obra e estudamos as modificacións realizadas na autotradución para comprobar caso por caso se a tradutora da versión portuguesa seguiu o texto primixenio ou o texto autotraducido.

Palabras chave: Manuel Rivas, autotradución, tradución compilada, As chamadas perdidas, Las llamadas perdidas, portugués.
Volver