Secretaría Uvigo - Análise do texto audiovisual para a súa tradución: O caso da dobraxe de Shrek (2001) ao galego

Análise do texto audiovisual para a súa tradución: O caso da dobraxe de Shrek (2001) ao galego

Data de defensa15/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
Tribunal Titoría: Xoán Manuel Montero Domínguez
ResumoNeste Traballo de Fin de Grao lévase a cabo unha revisión das técnicas empregadas na tradución para a dobraxe da película Shrek (2001) ao galego, segundo o aprendido no Grao en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo. Logo dunha revisión bibliográfica dos parámetros do texto audiovisual e a industria da dobraxe en España e en Galicia, séguese o modelo de análise proposto por Barambones (2012) para a clasificación e posterior comentario dos métodos máis utilizados.

Palabras clave: análise, dobraxe, galego, inglés, técnicas de tradución.
Volver