Secretaría Uvigo - Estudo sobre a audiodescrición nas películas de terror: o caso de Hereditary

Estudo sobre a audiodescrición nas películas de terror: o caso de Hereditary

Data de defensa16/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Alberto Álvarez Lugrís
Tribunal Titoría: Alberto Álvarez Lugrís
ResumoResumo:
A tradución audiovisual é unha das modalidades de tradución cada vez máis solicitadas debido ao aumento do consumo de filmes, series e outros contidos. Por todo isto, tamén aumentou a demanda de realización de contidos accesibles para persoas con discapacidades sensoriais e, con iso, o desenvolvemento de prácticas como o subtitulado para persoas xordas e a audiodescrición. Entre todos os filmes, escolleuse unha película de terror, xa que constitúe un xénero en que o contido dramático e as sensacións provocadas son case máis importantes que o contido en si mesmo. Por este motivo, o emprego dunha linguaxe connotativa e figurada pode ser de interese á hora de realizar a audiodescrición, posto que pode axudar a crear unha atmosfera moito máis inmersiva. O obxectivo deste traballo é facer unha análise descritiva da audiodescrición empregada na película de terror Hereditary (2018), levando a cabo un estudo das estratexias utilizadas e unha investigación sobre a recepción e comprensión deste tipo de elementos polas persoas cegas.

Palabras chave: audiodescrición, terror, tradución audiovisual, accesibilidade, Hereditary
Volver