Secretaría Uvigo - A interpretación como arma colonizadora: o caso do Imperio incaico

A interpretación como arma colonizadora: o caso do Imperio incaico

Data de defensa16/06/2022
TitulaciónGrao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)
CentroFacultade de Filoloxía e Tradución
Dirección Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
Tribunal Titoría: Óscar Ferreiro Vázquez
ResumoO presente TFG consiste na compilación e posterior enfoque narrativo da información relacionada coa historia social da América Meridional, especificamente aquela centrada no papel desenvolvido polas persoas intérpretes durante a época da caída do Imperio inca.

O traballo nace co obxectivo de contrastar ata que punto tivo influencia na conquista do Imperio inca a mediación lingüística oral, pondo de relevo as posibles incoherencias existentes nos coñecementos actuais sobre a realidade hispanoperuana; así como recoñecer o labor das persoas que se dedicaban á interpretación e que contribuíron de maneira indirecta ao nacemento da nosa profesión, presentando brevemente as súas vidas e contribucións á historia da disciplina.

Palabras clave: Mediación interlingüística, Imperio inca, intérprete, conquista.
Volver